As librarías reabren con optimismo na Semana das Letras

POBRA> As librarías volvían abrir as súas portas esta semana con gran optimismo. A proximidade do Día das Letras Galegas supón un motivo máis para levantar as vendas neste sector que, xa antes da crise, non atravesaba o seu mellor momento.

Ilusión e optimismo son as palabras que mellor definen a volta ó traballos dos libreiro. Tras dous meses de incertidume volvían por fin a abrir as súas portas . Os estantes cheos de libros agardaban xa a visita dos lectores ávidos de vivir novas experiencias literarias.

Nestas primeiras xornadas aínda é cedo para facer balance no que respecta ás vendas. Abondan as de recambios de material escolar para seguir coas tarefas na casa. Tamén a demanda de obras de Ricardo Carballo Calero, autor homenaxeado este ano no Día das Letras.

Así que xa saben: os lectores teñen para elixir: xa sexa entre a obra de Carballo Calero ou de calquera outro escritor galego. Porque como ben apunta este libreiro pobrense, tódolos días son o das Letras Galegas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí