O paro aumenta en toda Galicia

GALICIA> A crise do coronavirus está a deixar tamén malas noticias nos servizos públicos de emprego. A provincia de Pontevedra rexistrou no mes de marzo máis de 3.600 novos parados. O que supón un incremento de 5,6% con respecto ao mes anterior.

Deste xeito, a cifra total na provincia ascende agora a case 69.000 persoas desempregadas. Por concellos, destaca o de Pontevedra con 5.700 parados, Vilagarcía con 3.400, Ribeira con 1.400 e Poio, Cambados e Boiro con máis de 1.000. Por sectores, o maior afectado é o de servizos, seguido de industria.

A nivel galego a tendencia é similar. O paro na nosa comunidade aumentou en 8.252 persoas. Practicamente un 7% máis con respecto a febreiro. Así, a cifra total de parados en Galicia é xa de 174.000. A nivel estatal, no mes de marzo rexistrouse a maior subida mensual de parados da historia cun incremento de 9,3%. Chegando así ata os 302.000 despregados.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí