‘Fiestras ao mundo’ contra o coronavirus

BARBANZA> É un baile especial contra o coronavirus. Foi realizado polos alumnos do Conservatorio de Danza da Coruña. Con el pretenden lanzar unha mensaxe de apoio e esperanza a toda a xente que segue confinada nas súas casas.

O alumnado do Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña levaba traballando nos últimos meses nunha coreografía de danza contemporánea. A irrupción da crise sanitaria do coronavirus e con el o confinamiento obrigatorio para cumprir co estado de alarma decretado polo Goberno impediu a súa estrea. Aínda así e lonxe de renderse, os alumnos decidiron poñerse mans á obra e mostrar o seu traballo a través da rede, cun espectáculo colectivo no que cada participante baila dende a súa casa.  A experiencia chámase ‘Fiestras ao mundo’.

Na coreografía participan máis de vinte alumnos dos últimos cursos de grao profesional que se montou cos vídeos que foron achegando os propios bailaríns, cun xogo de movementos que remata cunha frase motivadora do escritor e político cubano José Martí.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí