A FeSP pide que se tomen medidas urxentes nas residencias de maiores, menores e discapacitados

PONTEVEDRA> A Federación de Servizos Públicos de UXT Pontevedra denuncia a situación que están a vivir as residencias de maiores e os centros de menores e de persoas discapacitadas ante a crise do coronavirus. O sindicato pide que se tomen medidas nestes centros e que se realicen os test do Covid-19 a todo o persoal e a todos os residentes.

Pontevedra é a provincia galega onde se rexistra o maior número de residentes e persoal afectado polo Covid-19. Por iso, a Federación de Servizos Públicos de UXT pide que se tomen medidas urxentes en todas as residencias de maiores así como tamén nos centros de menores e de persoas discapacitadas.

A Federación de Servizos Públicos pide que se de prioridade aos colectivos máis vulnerables e, polo tanto, que se lles dote do material de protección necesario para previr os contaxios.

O sindicato diríxese tamén aos directores dos centros e asegura que non está a haber unha equidade nas quendas do persoal.

Juan Manuel Loureiro denuncia a opacidade que está a existir nas residencias da nosa e comunidade, por iso, fai fincapé na importancia de que exista un sistema de información diario entre os centros e as familias dos residentes.