O IES As Ínsuas na vangarda da educación dixital

MUROS> O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, visitaron o IES As Insuas, de Muros, para coñecer os resultados do programa ‘Educa en Dixital’ que se veu desenvolvendo ó longo do ano neste centro educativo, da man dos Gobernos Central e Autonómico.

Tanto José Miñones coma Román Rodríguez destacaron o impulso definitivo que se deu á dixitalización do ensino galego coa chegada da pandemia.

O programa ‘ Educa en Dixital’ permitiu distribuir, nos preto de mil centros educativos que existen en Galicia uns 14.500 ordenadores portátiles por valor de preto de 6,6 millóns de euros entre o alumnado daquelas familias con maiores necesidades económicas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí