A Área Sanitaria Santiago-Barbanza incorpora tecnoloxía de nova xeración á loita contra o COVID

BARBANZA> Neste caso froito dunha doazón realizada por un grupo de empresas, doantes anónimos e fundacións que apoiaron o denominado proxecto CovidRobots.

A área sanitaria Santiago-Barbanza veu incrementada a a súa capacidade na atención sanitaria á pandemia provocada polo coronavirus. O servizo de Microbioloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago foi o primeiro galego en recibir os 8 elementos da estación robótica de última xeración con capacidade para procesar 2.400 mostras ó día, coa que permitirá diagnosticar a un maior volume de poboación con posible afectación por COVID-19 dun xeito rápido, eficaz e fiable. Ademais da automatización dos protocolos habituais, engádese unha nova función, coa realización de pooles de mostras, o que aumenta a potencia da capacidade de diagnose dez veces máis do habitual. O Servizo de Microbioloxía do CHUS, conxuntamente co Hospital San Cecilio de Granada coordinou tamén un estudo de ámbito nacional para avaliar a posibilidade de utilizar pooles no diagnóstico da infección por CoVID-19 na poboación xeral asintomática con baixa prevalencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí