Ribeira pide a máxima colaboración veciñal para a realización do cribado

RIBEIRA> Dende o Concello piden a máxima colaboración veciñal para que se acuda á realización destas probas PCR, ó entender que é a mellor fórmula posible para poder atallar a actual situación.

Ante esta situación, o goberno local decidiu tamén suspender tódolos eventos e actividades organizadas dende o Concello, dende hoxe ata o vindeiro día 23 de novembro.