O concello de Vilagarcía adquire 12 mil máscarsa para repartir entre os colectivos máis vulnerables

VILAGARCIA> O concello de Vilagarcía adquire 12 mi máscaras para repartir entre os colectivos máis vulnerables ao Covid 19. A protección entregarase ás persoas que estiveron en contacto coa enfermidade, aos maiores de 63 anos e a aqueles que teñan patoloxías previas. O goberno local tamén está pendente da próxima saída dos nenos ás rúas e das medidas a adoptar para recuperar a economía unha vez que pase a crise sanitaria.

O goberno de Vilagarcía volveu a facer balance da situación da localidade durante o tempo de confinamento. Entre os puntos máis importantes destacan os 959 casos atendidos polos servizos sociais e o máis dun millón trescentos mil euros pagados a provedores para inxectar liquidez. Na comparecencia, o alcalde tamén anunciou as medidas novas medidas a adoptar. Deste xeito o concello adquire 12 mil máscaras para repartir entre os colectivos máis vulnerables.

Dende Ravella optan por repartir máscaras de varios usos, segundo alcalde buscando a eficiencia dos recursos municipais en lugar de facer publicidade.

O concello advirte que todas as medidas as tomará tendo en conta ás autoridades competentes, como é o caso da próxima saída dos nenos ás rúas.

O goberno de Vilagarcía tamén estuda as medidas a adoptar para recuperar a economía unha vez recuperados da crise sanitaria. Dende Ravella lanzarán unha liña de axudas para as pequenas e medianas empresas. Para incentivar as vendas estudan a creación de bonos compra.

Nos últimos días o concello anuncio a cancelacións de eventos culturais como as festas de Santa Rita ou o Clas Clas. Por elo o goberno local tamén vai a traballar na recuperación cultural da vila. Un dos primeiros pasos é celebrar os maios dunha maneira diferente. A través da internet, os nenos enviarán debuxos ao concello e serán agasallados cun roscón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí