A Xunta fixa en 54 millóns de euros os investimentos que realizará nas comarcas do Salnés e Caldas

VILAGARCIA> A xunta fixa os investimentos do 2022 nas comarcas do Salnés e de Caldas en máis de 54 millóns de euros. 38 deles irán destinados ao Salnés en proxectos destacados como a planta de biorresiduos de Vilanova, o Ges de Sanxenxo e o Grove ou a Intermodal de Vilagarcía. Na comarca de Caldas, sobresaen os investimentos no chan empresarial de Pontecesures e no acondicionamento do camiño de Santiago.

A xunta de Galicia analizou en Vilagarcía os investimentos que levará a cabo nas comarcas do Salnés e de Caldas no vindeiro ano. Unhas partidas que deixarán en ambas zonas máis de 54 millóns de euros. No Salnés, o investimento será de 38 millóns de euros. A contía máis ampla destinarase a Vilanova de Arousa.

No caso de Vilagarcía, os investimentos será de 10 millóns de euros.

Ademais destes proxectos tamén se investirán máis de 700 mil euros para mellorar o hospital do Salnés, ampliando a área de esterilización.

No resto da comarca, máis de 3 millóns de euros irán destinados a Cambados, 2 para o Grove e Sanxenxo, un para Ribadumia e preto dos 500 mil para a Illa, Meis e Meaño. Na comarca de Caldas a inversión será de 16 millóns de euros. Nesta zona sobresaen os investimentos no chan empresarial de Pontecesures e no acondicionamento do camiño de Santiago.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí