O instagramer Gotzon dálle ‘like’ á comarca do Salnés

CAMBADOS> Milleiros de seguidores do instagramer Gotzon están a descubri-lo Salnés a través das súas redes sociais. O mozo anda estes días percorrendo a comarca, grazas a unha acción promocional da Mancomunidade. O instagramer percorreu a variante espiritual e fixo tamén un treito da ruta da Pedra e da Auga. As súas publicacións superan os 25.000 ‘gústame’.

Ten case 650.000 seguidores no seu Instagram e deste xeito presume da súa estadía na comarca do Salnés. O popular Gotzon anda estes días pola zona para coñecer algúns dos seus princiais encantos. Visitou xa varios municipios da zona, como O Grove, Sanxenxo ou esta mesma mañá Cambados. Alí, visitou o pazo de Fefiñáns na compaña da presidenta da Mancomunidade do Salnés e da alcaldesa da Vila do Albariño.

Ademais, nos últimos días percorreu parte da variante espiritual e tamén un treito da Ruta da Pedra e da Auga. Un turismo de natureza que, polo que nos conta, encántalle vivir sempre na compaña da súa cadela.

As súas publicacións en Instagram están a cativar aos seus seguidores. Superan xa os 25.000 ‘gústame’. A visita do instagramer forma parte dunha acción promocional da Mancomunidade do Salnés. Está pensada en especial para un público mozo.

Esta tarde, o instagramer visitou a Illa de Arousa. Mañá xa marcha, pero coa promesa de volver pasar uns días de lecer polo Salnés no mes de agosto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí