A rexeneración da Carabuxeira, en marcha tras anos de protestas veciñais

SANXENXO> Arranca, por fin, o proceso de rexeneración da praia da Carabuxeira, en Sanxenxo. Os primeiros traballos céntranse na elaboración dun estudo xeotécnico en 3D, que dará paso ó primeiro aporte de area. Estes traballos estarán rematados nun mes e medio.

Esta mañá botou a andar a tan demandada recuperación da praia da Carabuxeira. Despois de anos de queixas por parte dos veciños da zona, os traballos xa están en marcha, coa meta de recupera-lo areal perdido. O primeiro paso é a elaboración dun estudo xeotécnico en tres dimensións.

Unha vez superada esa fase, que durará un par de semanas, terá lugar o primeiro aporte de area. Os traballos desta primeira fase inclúen un sistema pioneiro en Galicia.

Calcula que os traballos desta primeira actuación rematarán nun mes e medio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí