Feijóo proporá ao Goberno central que se permita o deporte ao aire libre e reabrir mercados e talleres

GALICIA> A Xunta crea unha proposta para a primeira fase da sesescalada en Galicia. O plan suxire, por exemplo que se poidan practicar deportes individuais ou a reapertura de certos establecementos, como concesionarios. O presidente galego lanzará estas propostas o vindeiro domingo na Conferencia de Presidentes. Di que son medidas razoables que contan con respaldo clínico. Así e todo, é o Goberno central o que terá a última palabra.

O plan de desescalada deseñado pola Xunta conta, segundo Feijóo, con respaldo clínico. O presidente galego di que as medidas que proporá o vindeiro domingo na Conferencia de Presidentes son razoables. Alberto Núñez Feijóo pedirá que a relaxación do confinamento se faga por zonas e subzonas. Pedirá ó Goberno central que faga unha “peza separada co rural”.

Feijóo, proporá tamén que se permita saír ós cidadáns como mínimo unha hora ó día para poder facer exercicio. Iso si, de xeito individual.

O Goberno galego tamén lle vai propoñer ao central a reapertura de talleres, mercados e pequenos comercios. Ademais, aspira a reactivar as obras de rehabilitacion nos edificios, sempre que se garantan as medidas de seguridade.

Por outra banda, o presidente da Xunta reiterou que a nova convocatoria das eleccións galegas non forma parte da axenda do seu goberno nestes momentos.