VILAGARCÍA> En Vilagarcía, a celebración das misas de Santa Rita tamén se adapta ás medidas sanitarias provocadas polo coronavirus. As Madres Agustinas do convento de Vista Alegre levarán a cabo un protocolo de seguridade para adecuarse á normativa. Para os que non poidan acudir, as misas das 9, 12 e 20 horas serán televisadas por esta canle.
A crise provocada polo Covid 19 non impide a celebración das misas, pero as cerimonias teñen que adaptarse as medidas sanitarias establecidas polo goberno central. Para conmemorar as festas de Santa Rita, as Madres Agustinas do convento de Vista Alegre levarán a cabo un protocolo de seguridade comezando coa limitación do aforo.
As Madres Agustinas tomarán outras medidas como a obrigatoriedade das máscaras ou a prohibición de levar agasallos á virxe. Ademais o sacerdote entregará a eucaristía respectando o distanciamento social.
Celebraranse en total 11 misas. Unha por hora dende as 7 ás 13 horas e dende as 17 ás 20 horas. A das 9, a das 12 e a das 20 horas, serán televisadas polo canal rías baixas para todas aquelas persoas que non podan asistir ás cerimonias.
Dende a organización sinalan a importancia de asistir con máscaras, xa que non deixarán entrar a ninguén que non a leva. Outras das novidades é que se suspende a procesión. Será unha Santa Rita diferente pero iso non impedirá poder chegar a toda a freguesía.