Pode levará ao pleno o asfaltado dun camiño de Castrelo

CAMBADOS> O edil de Cambados Pode e exconcelleiro de obras reclama o asfaltado dun camiño da parroquia de Castrelo. José Ramón Abal asegura que a actuación estaba contemplada no Plan Concellos 2018, pero o actual executivo decidiu aprazala para o 2020. Dende o goberno local aseguran que os cambios foron necesarios para axustar o orzamento pola xestión de Abal na concellería.

Cambados Pode levará a pleno o asfaltado dun camiño da parroquia de Castrelo. José Ramón Abal reclama que a actuación se realice este ano, tendo en conta que durante os seus anos como concelleiro de obras incluíuna no Plan Concellos 2018.

O actual executivo decidiu aprazala, contemplando a intervención no Plan Concellos 2020. Un retraso que, segundo Abal, prexudicará aos veciños da contorna.

Dende o executivo cambadés explicaron as súas razóns para este cambio. O actual edil de obras, Samuel Lago, asegura que foi necesario para conseguir cadrar as contas do concello. Sinala que durante a época de Abal Varela á fronte da concellería, este decidiu asfaltar camiños con fondos municipais que estaban consignados no Plan Concellos 2019. Isto provocou, explica, o incumprimento da regra de gasto e, polo tanto, tiveron que facer modificacións para cadrar as contas. Segundo Lago, escolleron aprazar esta obra por dar acceso só a leiras e non afectar a vivendas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí