Harry Poter, V, Conan e moitas naves espaciais estarán presentes en Vilagarcía

VILAGARCÍA> A Asociación Cultural Curtas presenta en Vilagarcía seis exposicións sobre o mundo do cine. A oferta complétase cunha mostra sobre animais máxicos galegos e outra con obras audiovisuais creadas por mulleres. Estarán dispoñibles dende mañá na Sala Rivas Briones e dende o Sábado no Auditorio.

Como preludio do festival de Curtas de Vilagarcía, a Asociación Curtas presenta seis exposicións con temáticas relacionadas co cine. Catro delas estarán situadas no Sala Rivas Briones. As mostras están dedicadas a Harry Potter, a V de Vendetta, a historia da ciencia ficción a través das naves espaciais e a última titúlase Seres máxicos e onde atopalos, que trata sobre as nosas lendas.

As outras dúas estarán situadas no auditorio. Unha titúlanse “Conan e pinceis Bárbaros” que é unha homenaxe a Arnold Schwarzenegger e a banda deseñada, e a outra “patola ti” un recoñecemento ao traballo das mulleres no audiovisual.

Dende o concello destacan a gran variedade cultural que as exposición ofertan ao público.

As exposicións estarán dispoñibles ata o 24 de novembro agás a de V de Vendetta que se retirará o día 5 do mesmo mes cun evento especial.