Touris e Mouriño participaron na clausura dos obradoiros de emprego de Vilagarcía

Representantes da Xunta de Galicia e do Concello de Vilagarcía clausuraron os Obradoiros de Emprego activos na capital de Arousa. Unha actividade formativa que tivo unha duración de nove meses, e que deixou satisfeitos aos profesores, os alumnos e as administracións.
Esta mañá tivo lugar a clausura do obradoiro de emprego que se celebrou en Vilagarcía durante os últimos nove meses e no que 20 desempregados acadaron formación en carpintería e fontanería.
O seu obxectivo último foi a conservación do mobiliario urbano tanto exterior como nas dependencias interiores do Concello.
O obradoiro “Forme 17” foi ordinario e favoreceu a un total de 20 desempregados. Esta iniciativa tivo unha duración de 9 meses, cun investimento procedente da administración autonómica de case 280.000 euros. Todos os participantes percibiron durante a duración do mesmo o salario mínimo interprofesional.