Denuncian presións ao persoal da residencia de Campolongo, en Pontevedra, tralas peticións de melloras no centro

PONTEVEDRA> O comité de empresa do Centro de Maiores de Campolongo denuncia presións ó persoal tralas demandas de melloras na residencia. Hoxe concentráronse ás portas do edificio reclamando máis persoal e recursos. Segundo din, os traballadores do centro están frustrados polas malas formas por parte da dirección e ás presións da Xunta.

Os representantes do comité de empresa do Centro de Maiores de Campolongo concentráronse esta mañá ás portas do seu lugar de traballo para visibilizar, unha vez máis, as precarias condicións nas que se atopa a residencia. Denuncian que tralas súas demandas, o persoal do centro está a sufrir presións por parte da dirección do centro e da Consellería de Política social. Porque as medidas, segundo explican, son dotar á residencia de máis persoal, cumpri-la lei e que a administración non traslade ós traballadores os seus problemas.

poñen en evidencia as condicións do centro: con pouca xente para atender ós usuarios e carencias, como a falta de osíxeno nas habitacións de asistidos.

Os representantes do comité de empresa van manter unha xuntanza o día 4 de xullo para decidir que accións reivindicativas tomar.  Ata daquela seguirán recollendo sinaturas na defensa desta residencia, que dá servizo a día de hoxe a preto dun cento de usuarios.