A ILLA> De unha festa gastronómica a outra evento do mesmo tipo… A Festa do Mexillón da Illa de Arousa arrincou esta mañá, para facer as delicias de locais e visitantes, agora entenderán a terminoloxía futbolística, e é que esta edición está a ser organizada polo Céltiga Club de Fútbol. Para este evento a organización ten preparados para poñer a disposición dos comensais máis de 2000 quilos de mexillóns.
Bo ambiente, e sobre todo moito mexillón na Festa do Mexillón na Illa de Arousa. Un bo arranque da celebración gastronómica que comezou hoxe e durará ata o domingo.
A coincidencia con outras celebracións importantes da bisbarra, como o Albariño ou a Festa Vikinga, non preocupa a organización de este evento, que este ano recae sobre o Céltiga Club de Fútbol.
Veciños e forasteiros achegáronse ata o Paseo de O Xufre, no centro do municipio para degustar a extensa carta de produtos dispoñibles para comer.
Uns 2.500 quilos de mexillóns pasarán por potas como estas ao longa de toda a fin de semana.
Así que xa o saben… se non teñen que facer esta fin de semana, a Illa ofrécelles unhas paraxes das máis espectaculares que poidan atopar na Arousa, moi bo ambiente e sobre todo unha excelente gastronomía a prezos populares.
Inicio crb