Vilagarcía retrasmitirá a través do Canal Rías Baixas e do seu Facebook os actos de Santa Rita

VILAGARCÍA> Vilagarcía celebrará as festas de Santa Rita dunha maneira diferente. O concello prepara diferentes actividades culturais para o día 22 que poderán seguirse a través desta canle.

A suspensión das festas de Santa Rita, non impiden que o concello organice diferentes actividades culturais para conmemorar o día propio da festividade. A través desta canle e da páxina de facebook do concello, retransmitirase a programación completa do venres 22. Trala misa das 12, as actividades culturais comezarán coa actuación do grupo Nós de Sobradelo e continuará cunha sesión de Dani Barreiro and kids. A programación seguirá con diferentes vídeos sobre a vila e pecharase á noite coa actuación de tres grupos: TNT band, PRF trío e Os salesianos.

O obxectivo desta programación é permitir que os vilagarciáns gocen das súas festas, apoiar a cultura, especialmente a local, e crear unha comunidade de apio na que todos os vilagarciáns colaboren uns cos outros.

Neste último punto, o concello prepara a campaña Eu Son da Casa para promocionar o apoio entre tódolos vilagarciáns.

Un exemplo de esta colaboración comezará con Ahituvi, os hostaleiros de Vilagarcía porán nas súas televisión a retransmisión do evento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí