CAMBADOS> Reunión satisfactoria entre os comerciantes ambulantes de cambados e o concello. Ambas partes chegaron a un acordo para que o mercado non se traslade á rúa nova. Regresarán á actividade o mércores día 27 na súa actual localización.
A polémica xurdida dende hai unhas semanas entre os comerciantes ambulantes de Cambados e o concello chega ao seu final. Ambas partes acordaron non trasladar o mercado á rúa Nova momentaneamente. Os comerciantes volverán á súa actividade o vindeiro mércores, cando o concello poda garantir as medidas de seguridade sanitarias.
Os comerciantes denegaron a proposta do concello de trasladalos á rúa Nova polos inconvenientes que lles suporían.
A pesar de que xa teñen data para volver a actividade, os comerciantes lamentan ter que estar outras dúas semanas sen traballar.
Dende o concello agradeceron a compresións dos comerciantes. Agora farán os trámites necesarios para garantir a seguridade sanitaria de tódolos vendedores e clientes.