VILAGARCÍA> A Xunta de Galicia deu a coñecer no Intecmar de Vilagarcía os finalistas da segunda edición dos premios economía azul. Un recoñecemento aos mellores proxectos sustentables das zonas pesqueiras da comunidade. Entre os seleccionados atópanse 7 iniciativas dos diferentes GALP da contorna.
A directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro presentou en Vilaxoán aos finalistas da segunda edición dos premios economía azul. Un galardón que premia aos mellores proxectos sustentables dos diferentes Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro.
Os proxectos acometen retos dentro do crecemento azul. O principal indicador do programa é a creación de emprego que xa comprometeu 387 postos a tempo completo. Os premios divídense en cinco categorías, unha máis que no 2017.
Entre os finalistas atópanse catro proxectos do GALP da Costa Sostible, dous do GALP Ría de Arousa e un do GALP Ría de Pontevedra. Estes premios teñen tres obxectivos fundamentais.
A votación para seleccionar o mellor proxecto é publica e pode facerse a través da web galp.xunta.gal a partir do un de outubro. As iniciativas premiadas anunciaranse o 25 de outubro nunha gala na Cidade da Cultura de Santiago.