O adianto das rebaixas pon en riscos ao comercio local

VILAGARCIA> O comercio local molesto coa decisión do goberno de adiantar as rebaixas de verán. Dende zona aberta de Vilagarcía consideran que este cambio vai a supoñer un dano importante para os pequenos negocios. Non ven lóxico que se poidan facer rebaixas cando moitos comercios aínda están pechados.

O pequeno comercio celebraba a semana pasada a decisión do goberno central de retrasar as rebaixas ata agosto e permitilas nas tendas físicas, non só en internet. Pero a fin de semana, o executivo volveu a cambiar de criterio e permitiu os descontos dende o día de onte. A decisión non contenta ao pequeno comercio.

Dende a asociación non ven lóxico que se permitan os descontos nun momento no que moitos establecementos están pechados.

Os comerciantes ven difícil poder competir así cos descontos de internet.

Á situación na que nos atopamos, engádese que moitos comercios van a ter que investir nos seus establecementos para poder adaptarse as medidas sanitarias. Por iso, dende a asociación piden axuda as administracións destinadas a realizar estas melloras nos locais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí