Os socialistas do Salnés critican o protocolo da Xunta para vovler abrir os Parques infantís

SALNÉS> Coa nova normalidade, a Xunta de Galicia permite a reapertura dos parques infantís. Unha decisión que chega acompañada de polémica. Os gobernos socialistas do Salnés e de Caldas critican ao ente autonómico pola falta de previsión e pola dificultade que suporá para os concellos aplicar a normativa da consellería de sanidade nestes espazos.

Os nenos e nenas galegas volveron a gozar hoxe xogando nos parques infantís. Un feito que foi posible grazas a entrada de Galicia na nova normalidade. Pero non todos os concellos puideron reabrir as zonas para os máis cativos. Os gobernos socialistas do Salnés e de Caldas critican que a Xunta enviou a normativa aos concellos o sábado, culpando ao ente autonómico de falta de previsión.

Concellos como o de Vilagarcía anunciaron que non abrirán os parques ata que poidan garantir as medidas sanitarias impostas pola consellería de sanidade. Unhas condicións que os socialistas do Salnés e de Caldas tamén advirten que son moi custosas para os concellos.

Outra das medidas criticadas polos gobernos socialistas é a da limitación do aforo dos parqués infantís. Para poder cumprir con esta normativa, os concellos apelan á responsabilidade dos pais.

Os concellos piden paciencia ás nais e pais por non poder abrir os parques infantís ou por abrilos sen cumprir con todas os requirimentos. Todos aseguran estar traballando para garantir a seguridade nos espazos infantís o antes posible.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí