O SALNÉS/PONTEVEDRA> A sorte tamén deixou moitos quintos premios en toda a nosa contorna. Houbo beliscos na Illa, Cambados, O Grove, Meis, Poio, Pontevedra, Moraña, Sanxenxo ou Ribeira. O municipio máis afortunado, neste caso, foi o da Illa onde caeron beliscos de ata tres quintos diferentes.
Tres quintos premios escolleron A Illa de Arousa para facer parada. Aquí caeron beliscos dos números 45353, 88979 e 37038.
No Grove, ademais do segundo premio, tamén houbo dous quintos que deixaron cartos: un décimo do 37038 no Habanero e outro do 88979 na administración número 1. Ese mesmo número doixou outro décimo premiado en Casa Samuel, en Meis, e outro máis en Cambados, no Mercado de Abastos.
En Poio tamén fixo parada a fortuna. En Hogar del Puerto, en Combarro venderon décimos do 01568 e do 86007.
Ademais, nun bar da Porteiña, tamén en Poio, venderon outro décimo do 57421. Dese mesmo número venderon décimos en Sanxenxo, na administración de Portonovo e neste bar de Silgar.
Houbo tamén quintos premios noutros puntos da nosa xeografía, repartidos por Moraña ou na cidade de Pontevedra, en concreto en Xeve e Monte Porreiro.











