Ribadumia implica aos distintos colectivos do municipio nunha programación de Nadal moi participativa

RIBADUMIA> O Nadal arranca este venres en Ribadumia. Será co acendido do alumeado de Nadal. Un acto que lle dará paso a unha ampla programación, artellada grazas á colaboración de diferentes colectivos do municipio. Entre as principais propostas, salienta o Carnival Fest, varias propostas musicais ou a visita de Papa Noel ou os Reis Magos. Ademais, no concello hai en marcha dúas campañas solidarias, de recollida de alimentos e xoguetes.

O espírito do Nadal xa chegou a Ribadumia. O concello arrancará a programación destas festas este venres co acendido do alumeado na praza do concello. A partir de aí desenvolverase unha completa programación ata o 11 de xaneiro.

Unha programación que é realidade grazas á implicación de varios colectivos do municipio. Un deles, a comparsa Os Disfrutóns, están detrás do Carnival Fest, proposta que terá lugar xa este domingo.

Outro dos momentos máis agardados será a visita de Papá Noel, coa colaboración de Salnés Rácing.

Outro dos momentos máis agardados pola rapazada é a cabalgata de Reis.

Ademais este ha ser un Nadal moi solidario en Ribadumia, cunha recollida de alimentos para Cáritas da man do CRA e o ANPA e outra de xoguetes, a través do colectivo Ribadumia Agárdate.

E a isto hai que sumar catro concursos: o de postais, o de decoración de vivendas, o de decoración de escaparates e o de carrozas de Reis.