A pousada de Ribadumia podería comezar a funcionar 8 anos despois da súa construcción

RIBADUMIA> A pousada de Ribadumia abrirá as súas portas 8 anos despois da súa construción. A deputación sacou a licitación, por un importe de 146 mil euros, os traballos para restaurar as deficiencias pendentes. Segundo o ente provincial o custo final do establecemento ascende aos 5 millóns de euros.

Oito anos despois da súa construción, a pousada de Ribadumia está preto de ser unha realidade. O proxecto que comezou en 2009 non rematou a súa edificación ata o ano 2013. A pesar do remate das obras, as numerosas irregularidades impediron que o albergue comezase a funcionar.

A deputación de Carmela Silva tivo que facer fronte a todos estes problemas para que a pousada poda comezar coa súa actividade. A día de hoxe, aínda quedan deficiencias que arranxar no edificio e o ente provincial sacou a licitación a súa reforma.

Unha vez realizada a adxudicación o prazo de execución é de dous meses.

A presidenta pediu responsabilidades por todas as irregularidades que asegura que cometeu o anterior goberno da deputación. Tamén agradeceu ao concello de Ribadumia por todo o traballo realizado para que o funcionamento da pousada estea próximo a ser unha realidade. Segundo Carmela Silva, as catro pousadas da deputación estarán abertas estes verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí