BARBANZA> Considera que o Tribunal actuou con imparcialidade e que o proceso xudicial contra o seu cliente, condenado no seu día á pena de prisión permanente revisable pola morte de Diana Quer, non foi limpo.
Gran expectación mediática ás portas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña. A vista celebrouse coas medidas de distanciamiento social e mascarillas de tódolos presentes na sala, obrigadas por mor da crise sanitaria do Covid-19, e gardándose un minuto de silencio polas vítimas da pandemia.
Na sesión María Fernanda Álvarez, avogada de José Enrique Abuín Gey, volveu a insistir na súa tese de que no proceso contra o seu cliente se vulneraron as súas garantías e os seus dereitos fundamentais.
Segundo ela as probas recadadas polas partes foron subxectivas e mesmo, nalgúns casos, falsas, violentando a presunción de inocencia do seu defendido, polo que pediu a repetición do xuízo.
Pola súa banda a Fiscalía solicitou ó Tribunal a desestimación do recurso de apelación presentado, ó considerar que os argumentos expostos pola avogada do Chicle están fóra de toda lóxica, intentando desacreditar o labor realizado polos axentes durante a investigación. Unha postura compartida tamén polo avogado dos país da moza madrileña que argumentou que a sentenza fora impecable, defendendo de paso a imparcialidade tanto do tribunal do xurado coma dos peritos e axentes que participaron no proceso.
O Chicle que seguíu a vista por videoconferencia dende a prisión leonesa de Mansilla de las Mulas na que cumpre condena, acolleuse tamén ó seu turno última palabra. Na súa intervención respaldou a tese defendida pola súa avogada, cargando contra os axentes da Garda Civil que se encargaron da investigación, ós que chegou mesmo a acusar de mentireiros.
Despois de case tres horas de sesión, o caso quedou visto para sentenza.
Na vista tamén estivo presente o pai de Diana. Juan Carlos Quer. Á súa chegada á sede do Tribunal antes do inicio da vista atendeu ós medios. Na súa intervención mostrouse confiado en que o Alto Tribunal decida finalmente confirmar a sentenza dada no seu día pola sección sexta da Audiencia Provincial, que condenou a Abuín.