Rianxo reúne a máis de 300 xinetes na súa primeira ruta cabalar

RIANXO> Máis de 300 cabalos daranse cita na primeira ruta ecuestre que acolle o concello rianxeiro. O percorrido, duns 21 quilómetros, discorre integramente polo municipio de Rianxo pasando por puntos de especial interese como o miradoiro de Castro Barbudo.

O alto número de inscritos, 320, dá idea da gran acollida do encontro cabalar que organiza a asociación ‘De Ruta en Ruta’ no concello de Rianxo. Será este sábado  a partir das catro da tarde, cando os participantes partirán dende  Campomaneiro, en Taragoña’ para realizar unha ruta circular con paradas nalgúns dos encraves naturais máis fermosos do municipio.

Durante o percorrido realizaranse dúas paradas para o avituallamento de cabalos e xinetes. A xornada rematará cunha cea, ás dez da noite, e posterior sesión DJ.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí