Arousa Norte promove un simposio para analizar as posibilidades turísticas da ‘Traslatio’

BOIRO> A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte pretende aproveitar o tirón turístico que se prevé para o ano 2021 coa celebración do Ano Santo. Esta fin de semana promove un simposio para analizar as posibilidades da ‘Traslatio’ coma recurso turístico para a zona.

Representantes de distintas asociacións e colectivos vinculados ós distintos Camiños de pergrinación a Santiago tomarán parte a partir de hoxe e durante toda a fin de semana no simposio organizado pola Mancomunidade de Municipios Arousa Norte. O obxectivo non é outro que tratar de analizar as posibilidades  da ‘Traslatio’ que recrea a ruta primitiva cos restos do Apóstolo dende Xaifa a Compostela cos recursos turísticos desta zona.

Entre as entidades dinamizadoras do Camiño que está previsto que asistan a este simposio atópanse a Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago, a Fundación da Ruta Marítima do Mar de Arousa, a Confraría Europea da Vela e Asociación Galega de Actividades Náuticas, e a Asociación de Cabaleiros de Camiño de Santiago. Tamén se xestionou a presenza da Academia de Gastronomía do Camiño Portugués, con representantes que viaxan desde Lisboa e Porto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí