RIBEIRA> Ademais de ofrecer o servizo de bar e restaurante habituais, coa conseguinte redución do seu aforo, dan a posibilidade ós seus clientes de poder encargar comida para levar.
Mónica quixo agardar ata a Fase 2 para volver a reabrir, con maior tranquilidade, o seu negocio. Está situado na terceira planta do mercado municipal. Un lugar con encanto, nun marco incomparable e cunhas vistas espectaculares, especialmente dende a súa terraza, que os clientes ademais agradecen, cando están degustando algunha das especialidades da carta.
Aínda así a reapertura do restaurante non foi sinxela e tivo que prepararse a conciencia, debendo limitar o seu aforo e extremando as medidas de hixiene para evitar a posibilidade dos contaxios.
Durante este tempo pechados, a consecuencia da crise sanitaria, a súa situación foi complicada, coma a de moitos outros negocios similares, coas instalación pechadas e sen obter un só euro de ingresos.
Mentres agarda pola apertura total das instalacións, un feito que aínda se descoñece polo de agora, Mónica confía en ir retomando pouco a pouco a normalidade, aínda que recoñece que xa nunca será o mesmo.