A APDR está convencida de que aínda se pode decretar a caducidade total de Ence

PONTEVEDRA> A Audiencia Nacional desestimou o recurso da Asociación Pola Defensa Da Ría en relación á caducidade da concesión de Ence. Un feito que non sorprendeu ao colectivo pontevedrés pero que deixou un sabor agridoce entre os seus membros.

A Asociación Pola Defensa Da Ría responde tras a decisión da Audiencia Nacional de desestimar o seu recurso sobre a caducidade da concesión de Ence. O seu presidente, Antón Masa, asegura que é unha decisión que esperaba, sobre todo, se se teñen en conta os precedentes.

Xustamente por isto, a APDR  non entende a actitude que está a adoptar Ence despois de que se coñecese a resolución.

A pesar de prever o fallo da Audiencia Nacional, dende a Asociación Pola Defensa Da Ría aseguran non estar satisfeitos con algún dos argumentos.

Antón Masa está convencido de que aínda se pode decretar a caducidade total de ENCE e asegura que están a estudar a posibilidade de recorrer ao Tribunal Supremo.