O lector de matrículas da rúa peonil non funcionará durante un periodo de probas de seis meses

RIBEIRA> O alcalde de Ribeira mantivo unha xuntanza con representantes da plataforma de afectados pola peonalización para trasladarlle o acordo adoptado pola xunta de portavoces. Agás o BNG, o resto de grupos decidiron abrir un periodo de proba de seis meses no que non funcionará o lector de matrículas nun treito da rúa de Galicia.Tralas queixas presentadas polos comerciantes e residentes da rúa de Galicia, a xunta de voceiros decidiu acceder ás demandas dos afectados. Tódolos grupos, agás o BNG, acordaron iniciar un periodo de probas de seis meses nos que o lector de matrículas non funcionará no treito entre a praza de Compostela e a Porta do Sol. Habilitaranse tres paradas de estacionamento express e permitirase a entrada de vehículos durante un periodo de cinco horas para tarfeas de carga e descarga ou operacións de clientes. Os residentes non terán restrición horaria aínda que si deberán xustificar a necesidade de acceso rodado. A velocidade máxima permitida na zona será de vinte quilómetros por hora. Unha vez concluido o periodo de probas, os voceiros volverán reunirse para analizar os resultados e adoptar as medidas pertinentes.