PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra pon en marcha o Plan Composta, un proxecto piloto para impulsar a compostaxe doméstica. Os colectores deste programa estarán activos a partir do vindeiro luns.
O Concello de Pontevedra contará a partir do luns con 65 colectores coma estes. Un novo plan experimental que busca impulsar a compostaxe doméstica. O goberno municipal repartirá entre todos os usuarios adheridos un paquete de bolsas biodegradables, un caldeiro especial de 7 litros e unha chave electrónica coma esta.
O plan Composta é voluntario e gratuíto e poñerase en marcha o vindeiro luns con case 250 usuarios xa adheridos. A maioría, restaurantes, comercios de alimentación e froiterías.
Co obxectivo de conseguir un compost de calidade, o goberno municipal levará a cabo tamén unha campaña de sensibilización entre os veciños.
Os colectores serán repartidos en diferentes rúas da cidade, partindo de Loureiro Crespo e chegando, por exemplo, ata a Alameda.