Pontevedra celebrará este ano a Feira Franca sen mesas particulares e sen torneos medievais

PONTEVEDRA> Pontevedra continúa coa súa programación de festas. Tras rematar as tradicionais Peregrinas, o Concello anunciou hoxe que este ano si haberá Feira Franca. O goberno municipal manterá a decoración e os pasarrúas pero prohibirá as comidas particulares.

Pontevedra resístese a cancelar un dos eventos máis populares da cidade. A Feira Franca volverá este ano á Boa Vila a pesar da crise da Covid. Iso si, tal e como anunciou hoxe o goberno municipal, esta cita será moi distinta a de anos anteriores. Esta imaxe non se repetirá e esta outra tampouco. Nesta edición non haberá o tradicional acto de inauguración, tampouco estarán permitidas as mesas particulares e suspenderanse os torneos medievais na praza de touros.

A Feira Franca adaptarase así á nova normalidade, ao igual que o fixeron as Festas da Peregrina. Unha celebración que deixou un bo sabor de boca entre os pontevedreses.

As festas de verán de Pontevedra continúan nos vindeiros días. Ao longo desta semana haberá música tradicional a cargo do programa “Virar coa Gaita” e a Monte Porreiro chegará o evento “Urbana Pontevedra”. Para rematar, o 23 de agosto celebrarase a popular Festa do Demo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí