Adrovi, sanitarios e pacientes trasplantados conciencian de que a doazón de órganos salva vidas

PONTEVEDRA> Hoxe, 29 de marzo, conmemórase o Día Nacional do Trasplante. Neste eido, Galicia supera a media estatal con case 300 trasplantes en 2022. E as cifras en Pontevedra son semellantes ás galegas. Uns bos datos pero sobre os que hai que seguir traballando.

Como cada 29 de marzo, a Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo celebra o Día Nacional do Trasplante. Un bo momento para recordar a importancia da decisión de doar.

En Galicia, as cifras son boas. No 2022 superouse a media estatal con case 300 trasplantes. E en Pontevedra os datos son semellantes aos galegos.

De feito, Pontevedra é a provincia de Galicia con máis tarxetas de doantes. Non son vencellantes, explican dende Adrovi, pero si deixan clara a vontade do finado.

Porque a doazón de órganos salva vidas. Ben o sabe Nuria. Tras fallar o seu primeiro trasplante de ril cinco anos despois da intervención, agora agarda outra oportunidade.

Por iso hoxe representantes de Adrovi, autoridades, persoal do Hospital Provincial e pacientes receptores de órganos participaron neste acto. Para poñer cara a esta realidade e recordarnos que doar órganos é un acto de solidariedade.