O Partido Popular comprométese a manter o dobre sentido na Ponte da Barca

PONTEVEDRA> O Partido Popular de Pontevedra e de Poio queren que a Ponte da Barca continúe a ter os dous carrís de circulación. Hoxe os seus presidentes deron unha rolda de prensa conxunta para advertir das intencións que, aseguran, teñen BNG e PSOE: pechar o tráfico na zona da Alameda e en Echegaray para baleirar de coches a ponte. Aseguran que esta medida terá efectos negativos na veciñanza e nos negocios. Eles, ademais, comprométense a manter este dobre sentido.

O Partido Popular de Pontevedra e o de Poio, unidos na defensa de manter o dobre sentido na Ponte da Barca. Fano porque sospeitan das intencións de BNG e PSOE.

Unhas intencións que ademais consideran que están plasmadas tanto no PMUS como na Axenda Urbana aprobados polo concello. No segundo documento recóllese a redución de tráfico no eixo urbano entre Eduardo Pondal, Raíña Vitoria e A Barca.

Pero polo de momento todo son sospeitas. Por iso os presidentes do Partido Popular de Pontevedra e de Poio reclaman transparencia e que se fagan públicas as intencións para o futuro da ponte da Barca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí