O paro cae nun 5% na provincia de Pontevedra

PONTEVEDRA> Descende o paro na provincia de Pontevedra. As oficinas de servizos públicos rexistraron no mes de xuño case un 5% menos que no mes anterior. O que se traduce en 3.677 parados menos.

O desemprego baixa en 3.677 persoas na provincia de Pontevedra e, polo tanto, o mes de xuño pecha cun descenso do 5% con respecto ao mes anterior. Deste xeito, o número de parados sitúase en 71.417, case 10.000 máis que no mesmo período de 2019.

Por sectores, o de servizos é sen dúbida o máis prexudicado tras a crise do coronavirus. Se comparamos os datos de 2020 cos de 2019, o aumento de parados neste sector é de case 9.000 persoas.

Cabe destacar que nestes datos das oficinas dos servizos públicos de emprego non se inclúen os relativos aos ERTES. Na cidade de Pontevedra estes expedientes afectan xa a máis de 7.000 persoas e no caso de Vilagarcía de Arousa, a máis de 2.000.

De cara aos vindeiros meses, as previsións parece que son favorables.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí