Pontevedra repetirá como sede do Mundial Multideporte no 2025

PONTEVEDRA> Pontevedra coróase no mundo do tríatlon. A cidade acollerá en 2025 o Mundial Multideporte, campionato do que xa fora sede no ano 2019. A candidatura pontevedresa conseguiu o apoio unánime das diferentes federacións grazas ao éxito acadado na anterior cita. Calcúlase que pasarán pola cidade máis de 4.000 deportistas.

Os Mundiais Multideporte de Tríatlon volverán a Pontevedra. A cidade repetirá como sede destes campionatos no ano 2025.

Dende a Federación Española deste deporte apuntan que aínda está no recordo de todos o éxito da cita anterior, no 2019. Polo que a candidatura pontevedresa foi apoiada por unanimidade.

A convocatoria de 2025 será aínda maior que a de 2019. Aos campionatos do mundo de dúatlon, acuatlon, aquabike, tríatlon de longa distancia e tríatlon cross, sumase agora o de dúatlon cross. Calcúlase que pasarán pola cidade mais de 4.000 deportistas.

A cita será a finais de primavera ou principios de verán de 2025 e confirma o idilio de Pontevedra co tríatlon.

Recordemos que en setembro deste ano a cidade acollerá a Gran Final das Series Mundiais.