O Gran Talaso hotel ofrece 11 degustacións diferentes nas V xornadas gastronómicas do Arroz

SANXENXO> Os amantes do arroz poderán saborear ata 11 pratos diferentes deste produto nas V xornadas gastronómicas do arroz de Sanxenxo. O Gran Talaso Hotel está a organizar este evento gastronómico que remata o domingo. Os interesados poden asistir en horario de comida ou de cea.

Degustar diferentes pratos de arroz e gozar dunhas vistas privilexiadas é posible grazas as quintas xornadas gastronómicas do arroz que organiza o Gran Talaso hotel de Sanxenxo. O evento gastronómico xa está en marcha, aberto a todos os públicos en horario de comida de 1 e media a 3 media e de cea de 8 e media a 11 e media.

Os amantes do arroz poderán degustar nestas xornadas ata 11 pratos diferentes.

A media de visitantes das catro anteriores xornadas superou as 300 persoas. A previsión deste ano é unha incógnita, pero dende o hotel garanten todas as medidas necesarias para protexer aos clientes e aos empregados e gozar das xornadas con total seguridade.

Estas medidas de seguridade, os diferentes pratos de arroz e as vistas privilexiadas, converten as xornadas do Gran Talaso hotel nunha experiencia única.