VILAGARCIA> O PSdeG presenta en Vilagarcía a súa candidatura para as vindeiras eleccións xerais do 10 de novembro. Os socialistas manteñen a lista das anteriores eleccións. Destacan a importancia de manter nos primeiros postos a veciños do Salnés.
O PSdeG manterá nas próximas eleccións a candidatura que presentou nos anteriores comicios. Dende a formación resaltan a importancia para o Salnés de que a súa candidatura conte con veciños da contorna. A lista do senado en Pontevedra estará encabezada por Modesto Pose e no congreso, Jorge María partirá como número catro. Situación que, aseguran, non se da noutros partidos.
A candidatura do PSdeG en Pontevedra volverá a estar liderada por Olga Alonso. A socialista destacou que o seu partido é o que mira por tódolos cidadáns sen esquecer a ninguén.
O candidato ao Senado, Modesto Pose, resaltou que o PSdeG é o único partido capaz de facer medidas progresistas.
Pola súa parte, o alcalde de Vilagarcía quixo destacar a importancia para os vilagarciáns de confiar no PSdeG.
Nas anteriores eleccións o PSdeG foi o partido máis votado en Pontevedra obtendo 3 escanos. O próximo 10 de novembro, a veciñanza volverá a decidir cal é o partido no que máis confían.