Cambados recoñece á adega Martín Códax polo seu traballo a prol da cultura e da música galegas

CAMBADOS> O Concello de Cambados recoñece á adega Martín Códax polo seu traballo a prol da cultura e da música galegas. A cooperativa acaba de ser distinguida co Premio da Cultura Galega 2025 que outorga a Xunta, un galardón co que se poñen en valor os 40 anos nos que Martín Códax leva traballando arredor da cultura, a música e o territorio. Trátase da primeira empresa en recibir este premio.

Con música tradicional galega o Concello de Cambados quixo recoñecer a Martín Códax polo seu labor no eido da cultura e, en especial, da música do país.

A adega leva máis de 40 anos construíndo un proxecto onde a cultura, a música e o territorio forman parte da súa esencia.

Este recoñecemento público chega despois de que Martín Códax acadase un novo fito: a adega foi recoñecida a finais de abril co Premio da Cultura Galega 2025, outorgado pola Xunta. É a primeira vez que recae nunha empresa.

Este recoñecemento foi impulsado pola Concellería de Ensino, Cultura e Patrimonio de Cambados. O seu responsable fala dun acto de gratitude, orgullo colectivo e xustiza.

Un recoñecemento, ademais, que chega no 40 aniversario da cooperativa, tempo no que Martín Códax se converteu nun dos mellores embaixadores do municipio.

Entre as iniciativas que impulsa Martín Códax, salientan Os Xoves de Códax, así como os Premios Martín Códax da Música, que van pola súa decimotercera edición; e o Outono Códax Festival.