Funerarias San Marcos inaugura en Sanxenxo ‘un tanatorio de calidade nunha vila de gran calidade’

SANXENXO> O concello de Sanxenxo conta dende este xoves cun novo tanatorio. A funeraria San Marcos inaugurou no polígono de Nantes un velorio que dende a empresa afirman que é de elite. O tanatorio dará servizo tamén ao concello de Meaño.

A funeraria San Marcos continúa a súa expansión pola comarca de Pontevedra e arredores converténdose unha referencia dentro do sector. A empresa inaugurou este xoves un tanatorio no concello de Sanxenxo que dará tamén servizo ao municipio de Meaño.  Un velorio que dende a empresa sinalan, que ao igual que Sanxenxo, é de elite.

A funeraria de San Marcos convértese na vixésimo oitava empresa que se asenta no polígono de Nantes. Para Sanxenxo a chegada desta compañía supón aumentar a calidade da vila.

A inauguración contou como invitado con Lito da Panaroma. O artista comparou a importancia da música tanto nos bos momentos como nos malos. Tamén destacou a importancia de ter o mellor trato posible nos peores momentos.

No acto de inauguración estiveron presentes funerarias de diferentes puntos de toda España. Aproveitando a presentación, dende San Marcos tamén mandaron un mensaxe ao goberno pedindo que se baixe o IVA as funerarias para axudar ás familias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí