O GROVE> A Festa da Centola do Grove tamén se promocionou en Fitur. Emgrobes estivo presente na Feira Internacional de Turismo para ofrecer unha degustación deste produto estrela do municipio.
O acto tivo lugar no stand de Galicia. Serviu tamén para presentar o novo cartel da Festa da Centola do Grove 2026 e proxecta un vídeo promocional do producto, do Grove e dalgunhas das actividades habituais da Festa.
A degustación da centola, levada expresamente dende O Grove para a ocasión, tivo lugar no anfiteatro do expositor galego. Ademais, Emgrobes acudiu a distintos actos institucionais e de promoción do destino, estando tamén en contacto con profesionais do sector, e acompañando tamén a empresarios locais e ás diferentes administracións.
Dende a entidade meca destacaron a importancia da desestacionalización a través da Festa do Marisco e a Festa da centola do Grove, que tanto axudan a que continúen acudindo ao municipio numerosos visitantes fóra do período estival.











