VILAGARCIA> A fundación Biodiversidade do Ministerio de Transición ecolóxica e reto demográfico organiza unha xornada para dar a coñecer algúns dos proxectos do programa Pleamar. Na batea de investigación situada preto da Illa de cortegada, a fundación presentou os proxectos Silencios e Igentac. Os diferentes estudos buscan impulsar a sustentabilidade do sector pesqueiro e acuícola.
O programa Pleamar é unha iniciativa da Fundación Biodiversidade do Miteco mediante o cal, cada ano, se fomentan diferentes proxectos dedicados a conseguir unha maior sustentabilidade da actividade pesqueira e acuícola. Para conmemorar o día Marítimo Mundial, a organización presentou na batea científica preto da Illa de Cortegada algúns dos seus proxectos.
Os diferentes programas teñen varios obxectivos como protexer a biodiversidade mariña e coidar o océano. A clave do éxito deste programa está na unión de tres organizacións.
Na batea científica de Vilagarcía presentáronse os programas silencios, que mide o ruído mariño e Igentac, para o estudo e coidado das especies protexidas.
Trala visita a Vilagarcía a xornada continuou en Vigo coa presentación de 3 proxectos máis. Estes estudos finalizarán a vindeira semana. Nas próximas datas o programa Pleamar abrirá as convocatorias para os proxectos do 2022.