PONTEVEDRA> O campus de Pontevedra adaptará cada un dos graos á unha realidade diferente. Algunhas carreiras apostarán por un modelo presencial, mentres que outros ofertarán clases online.
A Universidade de Vigo adáptase á nova normalidade. O 21 de setembro este campus de Pontevedra volverá a estar a pleno rendemento e, por iso, é fundamental deixar claro como será esa volta ás clases.
Co obxectivo de garantir a seguridade de todos os alumnos e profesores e, ao mesmo tempo, dar unha educación de calidade, a Universidade de Vigo decidiu apostar por diferentes modelos segundo a titulación, xa que non todos os grados teñen as mesmas necesidades e demandas.
Algunhas facultades como por exemplo a de Ciencias de Educación e do Deporte, apostarán por un modelo mixto: as prácticas realizaranse de maneira presencial e as clases expositivas de forma telemática. Outros graos como o de Enxeñería Forestal traballarán cun modelo totalmente presencial, algo que tamén se realizará na Facultade de Belas Artes.
Así e todo, aínda que os protocolos nesta Universidade si están marcados, estes poderían variar en función da situación epidemiolóxica.