Pontevedra prepara un ‘verán que non para’ con máis de 400 actividades

PONTEVEDRA> Preto de 400 actividades para non parar durante todo o verán. É a proposta do concello de Pontevedra para os meses de xullo, agosto e setembro. Haberá para todos os públicos, serán gratuítas e no espazo público. Destacando, como non, a Semana Grande da cidade, as Festas da Peregrina, do 10 ao 19 de agosto, ou a Feira Franca, os días 6 e 7 de setembro.

Pontevedra non terá parada nos meses de xullo, agosto e setembro. O concello presentou hoxe o seu programa das Festas de Verán, con case 400 actividades.

A Festa dos Libros e o Senda Fest abriron a programación esta fin de semana. Seguiranlle o ciclo Cinema e Estrelas,do 9 ao 13 de xullo, a romaría de San Benitiño o 11, o Memorial Ricardo Portela, do 12 ao 14 ou Titirivedra e Itineranta. Xullo continuará coas Festas de Santiaguiño do Burgo e cunha das novidades da programación: os Concertos Feroz, os días 27 e 28.

As xornadas musicais de San Roque, Animatrón, o ciclo Con voz de Muller, o Festixeve, o Festival de Jazz e Blues e o Urbana Monte Porreiro, son outras das citas imperdibles do mes de agosto. Que ten como epicentro a semana grande da cidade: as Festas da Peregrina.

Ademais destes concerto sorpresa, durante as peregrinas pasarán pola cidade El Drogas, Delaossa, Nil Moiliner, Shinova, Mondra, Fillas de Cassandra.

A programación complétase coa Festa do Demo, a feira Chalana, Meleira e a Feira Franca, que porá o broche de ouro ao verán pontevedrés os días 6 e 7 de setembro.