O comercio local de Pontevedra prepárase para a “volta ao cole”

PONTEVEDRA> O protocolo da volta ao cole segue xerando dúbidas dentro da comunidade educativa.  As familias e as Fanpas seguen sen saber como se vai a desenvolver o vindeiro curso escolar. Unha situación que se estende tamén aos comercios locais da cidade, onde xa se preparan para o inicio das clases.

A “volta ao Cole” é sen dúbida unha das campañas máis importante do ano para o comercio local de Pontevedra. Nesta tempada, os pequenos establecementos prepáranse para o regreso ás aulas dos máis pequenos e, para moitos, esta tempada do ano é vital a nivel económico. Porén, nesta ocasión a situación é moi distinta.

As incertezas xeradas arredor do protocolo establecido pola Xunta de Galicia están a xerar moitas dúbidas entre a comunidade educativa. Unhas dúbidas que se estenden tamén aos negocios de proximidade.

Coa intención de que os rapaces regresen as aulas da maneira máis segura posible, os pequenos comercios de Pontevedra están xa a traballar para esta “volta ao cole” tan atípica.

Este ano o apoio ao comercio local é máis importante ca nunca. Por iso, o Concello de Pontevedra puxo xa en marcha unha nova campaña para que a cidadanía invista nos negocios de proximidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí