O PP de Pontevedra pide regular o uso das instalacións deportivas municipais

PONTEVEDRA> O PP de Pontevedra propón a creación dunha normativa para regular o uso das instalacións deportivas municipais. Os populares queren garantir así un reparto equitativo e xusto entre todos os clubs da cidade. A proposta irá a debate no vindeiro Pleno.

Crear unhas bases reguladoras para a asignación das instalacións deportivas municipais. Esa é a proposta do PP de Pontevedra. Os populares cren que é necesario aprobar unha normativa que garanta o reparto equitativo e xusto entre todos os clubs da cidade.

A normativa para regular o acceso dos clubs ás instalacións deportivas incluiría diferentes criterios de reparto.

Os populares cren que é necesario afastar os criterios políticos do deporte local e utilizar procedementos máis transparentes e obxectivos. De feito, Guille Juncal asegurou hoxe que esta proposta naceu tras a críticas dalgúns clubs da cidade.

Esta proposta irá a debate no vindeiro Pleno municipal. Ademais, o edil popular aproveitou esta rolda de prensa para lamentar tamén a xestión de Tino Fernández durante a pandemia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí