A Deputación demolerá o parque de maquinaria e a imprenta da Xunqueira para avanzar na súa rexeneración

PONTEVEDRA> O parque de maquinaria e a imprenta da Deputación de Pontevedra desaparecerán da paisaxe das Marismas de Alba. A presidenta provincial explicou hoxe que a intención é demoler os dous edificios para recuperar este espazo, algo que, calcula, poderá estar rematado no 2023. Os traballos empezarán cando se remate a construción do novo parque no polígono de Barro.

A Deputación de Pontevedra borrará a súa pegada da Xunqueira de Alba.

Os traballos de demolición comezarán cando estean rematadas as novas instalacións do parque de maquinaria no Polígono de Barro. Unhas obras que comezarán proximamente, xa que xa teñen a licenza municipal dende o pasado 18 de outubro. O que non fará a Deputación é construír un novo edificio para a imprenta provincial.

Xa hai incluso data aproximada. 2023 é o obxectivo que se marca a Deputación para rematar a rexeneración da Xunqueira.

Isto por parte da administración provincial, pero na zona mantéñense outros equipamentos da Xunta e do Goberno central.

Agora o concello agarda que a decisión da Deputación sirva como exemplo para o resto de institucións.