Tres traballadores dunha conserveira da Pobra dan positivo por Covid

POBRA> Barbanza suma un novo abrocho. Alomenos tres traballadores dunha empresa conserveira da Pobra dan positivo por covid. Esta mañá profesionais de Enfermería da área sanitaria Santiago-Barbanza desprazáronse ata a fabrica para realizar un cribado a 200 personas que forman parte da plantilla, polo que nas próximas horas poderían darse máis casos activos.

Sanidade confirmaba a aparición de tres positivos nunha conserveira da Pobra do Caramiñal. Ó parecer foron os propios protocolos da empresa os que detectaron en primeira instancia estes casos, poñendo en corentena ó resto de traballadores.

Esta mañá profesionais de Enfermería da área sanitaria Santiago-Barbanza desprazáronse ata a fabrica para realizar un cribado a 200 personas que forman parte da plantilla, polo que nas próximas horas poderían darse máis casos activos.

O número de positivos nesta área segue en aumento. Hoxe 382, 53 máis ca onte. Aínda así o número de pacientes ingresados mantense en seis. Cinco no Clínico e 1 no sanatorio da Rosaleda. O resto continúa en situación de illamento domiciliario e baixo seguimento dos equipos sanitarios.

O número de PCR realizadas ata o de agora ascende a preto das 47.700 e a cifra de pacientes curados suma xa 1.874

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí